¿Qué é Inspire?

INSPIRE (Infraestructure for Spatial Information in Europe) é unha iniciativa da Comisión Europea cuxo funcionamento se recolle na Directiva 2007/2/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de marzo de 2007, publicada no Diario Oficial da UE (DOUE) o 25 de abril de 2007, que ten como obxectivo a creación dunha Infraestrutura de Datos Espaciais en Europa. A Directiva establece os obxectivos, e os Estados-Membros terán dous anos desde a súa publicación para axustar as súas respectivas lexislacións e procedementos administrativos nacionais.

INSPIRE foi desenvolvida en colaboración con Estados-Membros e países en estado de adhesión co propósito de facer dispoñible información xeográfica relevante, concertada e de calidade de forma que se permita a formulación, posta en práctica, control e avaliación das políticas de impacto ou de dimensión territorial, da Comunidade Europea.

INSPIRE é unha iniciativa legal que establece estándares e protocolos de tipo técnico, aspectos organizativos e de coordinación, políticas sobre a información que inclúe o acceso aos datos e a creación e mantemento de información espacial.

INSPIRE é o primeiro paso dunha ampla iniciativa multilateral que inicialmente dirixirá o seu interese sobre a información espacial necesaria para políticas ambientais e que estará dispoñible para satisfacer as necesidades prácticas doutras áreas, como a agricultura e o transporte.

Máis información sobre esta iniciativa en: http://www.ec-gis.org/inspire/

Directiva 2007/2/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 14 de marzo de 2007 pola que se establece unha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (Inspire) en español:http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/site/es/oj/2007/l_108/l_10820070425es00010014.pdf

Xeportal de INSPIRE

Desenvolveuse un prototipo de xeoportal para soportar a iniciativa INSPIRE que se baseará nas infraestruturas de información espacial existentes nos diferentes Estados-Membros.

Nunha primeira etapa, a través deste xeoportal, ofreceráselles aos Estados-Membros a posibilidade de acceso a todas as bases de datos xeográficos procedentes das distintas organizacións responsables da súa xestión para, en etapas posteriores, levar a cabo a organización e harmonización de toda esta información.

Esta rede de información xeográfica deberá estar completamente operativa en dez anos, contando desde a data de aprobación da iniciativa INSPIRE.

Facer clic para acceder ao Xeoportal (http://eu-geoportal.jrc.it/)

Paxina de Navegación | FAQ | Aviso Legal | Icono de conformidad con el Nivel A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI | Valid HTML 4.01 Transitional